Blog Tools
Edit your Blog
Build a Blog
RSS Feed
View Profile
« February 2010 »
S M T W T F S
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28
You are not logged in. Log in
Entries by Topic
All topics  «
ANIMACION
COMIC
FILMES
OUTROS
SINESTESIA ELFICA
28/02/2010

Topic: FILMES
SAÍR É IMPOSIBLE, ENTRAR É DE TOLOS
ESCAPE FROM NY (1981)


"Escape from NY" (aquí traducida como 1997: Rescate en NY). Peli distópica posturbá de acción, taquillazo no seu momento pero non apreciada polo mundo do cine en xeral ata anos despois, cando se converteu en filme de culto (sobor de todo o antiheroe Snake). Kurt Russell facendo o seu rol de sempre (macho alfa renegando do contexto, un ex-tenente rebelde que lle chulea ata ó xefe da prisión na que está).
 Dirixida por John Carpenter na súa mellor época, cun presuposto amplo para facer homenaxes ó Western, despois de Halloween e antes de The Thing.
 Gráficos de ordenador prehistóricos (aínda que me gustaron máis que os de Blade Runner, un ano máis tarde). Secundarios de luxo:
 -  Lee Van Cleef (O bo, o feo, O malo) é Hawk, xefe da Policía, os "Texas Thunder".
 - Donald Pleasence (Halloween) é o Presidente dos EEUU.
 - Harry Dean Stanton (Alien), é Harold Hellman("Cerebro"), un vello amigo de Plissken.
 - Adrienne Barbeau (que daquela era a muller de Carpenter). Interpreta a Maggie, a amante de "Cerebro".
 - Isaac Hayes é o Duque, o líder dos reclusos de Manhattan.
 
 Decorados de Beat'em'ups dos 90 (de Holocausto Nuclear polo menos), frases memorables ("Call me Snake"; "Pensaba que estabas morto"; Son o Presidente, ¿Presidente de qué?), EEUU cun réxime policial, terrorristas malísimos (A Fronte Nacional de Liberación de América) e criminais que non o son tanto, e violencia gratuíta. A melodía principal (inquedante no ritmo pero clásica) tamén a compuxo o propio Carpenter.
Puro cine de palomitas nunha época na que a política e a guerra o inundaba todo.

 Carpenter dixo que este era o seu primeiro proxecto de cine (baseado na desconfianza á clase política que provocou o Watergate no seu país), pero como os Estudios non lle pagaban a producción tivo que gañá-la súa confianza facendo antes Halloween. Incluso hai detalles que serviron de inspiración para filmes posteriores e videoxogos (a estética é similar en Cobra, Prisón Infernal, Desafío Total, Terminator). Non é cyberpunk, pero como peli de serie B senta as bases dun antiheroe carismático.

  Para os incondicionais de Carpenter ou Russell, é unha peli de fans (incluso fixeron  merchandising recentemente: figuras da McFarlane Toys, cómics de Marvel e Crossgen). Para os demáis, cine de palomitas que se deixa ver. Tras diversos borradores de guións para unha secuela (nun dos cales Snake escapaba á  Lúa), tivo unha secuela en 1996 (2010: Rescate en Los Ángeles), un fracasazo pero a min  me  molou un huevo.
Pero iso, é outra Historia.

 E varias preguntas no aire: ¿Qué coño pasou en Cleveland? ¿E na guerra contra a URSS? ¿Cómo sendo Snake tan duro se fai un gurruño ó rompé-lo cassette?


Curiosidades:


- O wrestler que loita nun ring é o mesmiño que Zangief de Street Fighter.


- O deseño do punk paréceseme a un malo de Streets of Rage (bueno, non moito).



- A Estatua da Liberdade do póster (inspirada en O Planeta dos Simios) foi plaxiado no videoxogo "After the War" (Dinamic, 1989).



- No primeiro videoxogo de Metal Gear (o dos 80) calcaron a tipografía do título.



- En Metal Gear, Kojima copia o nome do prota da persoaxe de Escape from NY, Snake Plissken. Finalmente, un dos inimigos de Snake no Metal Gear, o Big Boss, é practicamente igual que o que interpreta Kurt Russell (e cun aire ó Che Guevara).

- A cápsula na que o Presidente escapa do atentado seméllase moito a do inicio do Quake II.

-1997 Escape from NY foi a primeira peli na que se permitiu rodar de noite na illa de Manhattan, despois do atentado dun grupo supremacista negro, un ano antes.

 

 

Momento bestia:  Cando Snake se refuxia na tenda "Chock Full of Nuts", a unha moza que fala con el atácana os famentos que viven nos sumidoiros. Xorden do chan, Carpenter tivo que ver moitas pelis de zombies para crear esta escea.

Referencias: Os gráficos por ordenador dor pincipio da peli son simulados. En realidade son Matte Paintings feitos por James "Avatar" Cameron (cando traballaba para Corman), porque facer CGI de malla en 1981 disparaba o presuposto ata límites intolerables para a compañía.









Comentado por [entebras] at 00:01 CET
Updated: 28/02/2010 19:41 CET
Post Comment | Permalink

View Latest Entries